O obradoiro Introdución ao voluntariado e á cooperación ao desenvolvemento pretende, dun xeito dinámico e construtivo, axudarlles a aquelas persoas con interese no voluntariado, a solidariedade e a cooperación ao desenvolvemento a descubriren que significan realmente estas palabras.
Dirixido a todas aquelas persoas que teñan cumpridos os 18 anos con ganas de reflexionaren sobre unha actitude 100% recomendable: a do compromiso.
Cando e onde?: venres, 6 de maio, das 16:00 ás 20:00 h e sábado, 7 de maio, das 10:00 ás 14:00 h; no local Espazo Solidario (Paseo das Pontes, s/n, 15004, A Coruña)
Inscrición: realizarase a través da páxina web do Centro Municipal de Información Xuvenil, nun formulario en liña. O número de prazas é limitado e a inscrición farase por rigorosa orde de envío.
Prazo de inscrición: Do 20 de abril ao 4 de maio (ambos incluídos)
Consulta aquí o programa
Se precisas máis información podes acudir ao Espazo Solidario, contactar connosco no 981 184 200 ext. 88388 ou a través do enderezo electrónico espazosolidario@yahoo.es.
Organiza: Área de Solidariedade da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Nenhum comentário:
Postar um comentário