29 de mar. de 2011

Reunión da Rede Municipalista Solidaria no Espazo Solidario

 A sala de usos múltiples do equipamento Espazo Solidario acolleu hoxe unha das reunións da Rede Municipalista Solidaria, á que asistiron representantes de diferentes concellos da provincia da Coruña que forman parte da Rede. Con estas xuntanzas búscase unha participación activa dos concellos asociados, inténtase crear un espazo onde poder canalizar as inquedanzas de todos e todas en materia de cooperación. Tamén anímouse aos/as compoñentes da RMS a impulsar actividades de divulgación e sensibilización que impliquen ao conxunto da cidadanía.

25 de mar. de 2011

NOVAS

Benvid@s a Espazo Solidario...un espazo físico de encontro e información, de sensibilización e de promoción, de formación e de apoio ás entidades e á cidadanía!!.
Achégate a coñecernos!