O venres, 15 de abril, ás 20 h, no Espazo Solidario (paseo das Pontes, s/n), conferencia de José Abu-Tarbush, profesor titular de Socioloxía do Desenvolvemento e das Relacións Internacionais da Universidade da Laguna (Tenerife), sobre a situación de conflito que vive Palestina, enmarcándoo nos procesos de cambio abertos nos países arabo-africanos e en Oriente Medio.
O xoves, 5 de maio, ás 20 h, no Espazo Solidario , conferencia de Javier Ching-Shan Hou, representante da Oficina Económica e Cultural de Taipei no Estado Español, sobre a realidade deste país no ano en que se cumpre cen anos do derrube da derradeira dinastía imperial e o nacemento da primeira República de China.
Estas conferencias están organizadas polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e encádranse dentro da exposición Informais. Afeitos aos Estados de feito, que acollerá próximamente o Espazo Solidario e que trata sobre países que reciben apoio popular e que acadaron unha capacidade suficiente para proporcionar servizos gobernamentais a unha populación determinada nunha área territorial concreta, mais que non forman parte de Nacións Unidas, aínda que si son recoñecidos por algúns países.
Nenhum comentário:
Postar um comentário