O pasado 15 de abril, coincidindo ca conferencia ofrecida por José Abú Tarbush sobre o conflito que vive Palestina, chegou a Espazo Solidario a exposición "Informais. Afeitos aos Estados de feito", unha mostra que nos fala dos Estados de feito: novas formas de vida internacional que reciben apoio popular e que acadaron a capacidade suficiente para proporcionar servizos gobernamentais a unha poboación determinada nun área territorial concreta, sobre a que manteñen un control efectivo por un período de tempo prolongado. Estas novas formas de vida non forman parte de Nacións Unidas, pero son recoñecidas diplomaticamente por algúns países. Moitos deles están integrados en UNPO (Unrepresented Nations and People Organization http://www.unpo.org/
Poderedes visitala no Espazo Solidario (Paseo das Pontes s/n, 15004, A Coruña)
Cando? Do 18 ao 29 de abril, das 11:00 ás 14.00 h e das 17:00 ás 20:00h.
Nenhum comentário:
Postar um comentário