29 de abr. de 2011

Comezamos!

Espazo Solidario

Achegádevos a coñecernos!
Espazo Solidario é un local aberto á cidadanía, a onde pode acudir toda aquela persoa interesada en informarse e/ou formarse no ámbito da solidariedade e o voluntariado. Ademais, está ao dispor das entidades de acción voluntaria, cooperación para o desenvolvemento, solidariedade e xustiza internacional pondo a disposición daquelas que así o soliciten, espazos e servizos cos que poder levar a cabo a súa actividade interna e externa, facendo uso dun despacho como sede social e/ ou desenvolvendo actividades propias.
Xa podedes acceder á instrución provisional e aos formularios de solicitude de uso dos espazos.
Nesta primeira etapa do camiño imos comezar poñendo ao dispor das entidades que así o demanden o uso do espazo común. Desexamos poder facer o mesmo co despacho social nun período de tempo o máis breve posible.
Os formularios deberán ser entregados no propio local  Espazo Solidario xunto coa documentación requirida. Descárgaos aquí.

Achegádevos a coñecernos! Estamos ao voso dispor de luns a venres, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h, no Paseo das Pontes, s/n.

26 de abr. de 2011

Influir no global desde o local: as entidades galegas ante un mundo desigual e inxusto.

Temos o pracer de presentar a exposición Influir no global desde o local: as entidades galegas ante un mundo desigual e inxusto. 
A exposición, deseñada por Pepe Carreiro, preséntase en 12 paneis en que se afonda na realidade da cooperación ao desenvolvemento e no papel que xogan os concellos galegos e as deputacións como axentes de cooperación. Mais, sobre todo, realízase unha viaxe no tempo para repasar anos de traballo e ilusións do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, descubrir a súa razón de ser, remontarse aos seus inicios e achegarse aos proxectos desenvoltos neste tempo.
Poderedes visitar a mostra nos seguintes lugares e datas:
  • Fórum Metropolitano,  do 25 ao 31 de abril de 2011
      Rúa Río Monelos 1, 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 293. Fax: 981 184 295
Horario: luns a venres de 9:00 a 20:45 h e sábado de 09:00 a 13:45 h e de 16:00 a 20:45 h.

  • Espazo Solidario, do 2 ao 13 de maio de 2011
      Paseo das Pontes s/n, 15004 A Coruña
Tel.: 981 184 200 ext: 88388
Horario: luns a venres de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h.

Para mais información dirixirse ao enderezo espazosolidario@yahoo.es ou no tel.: 981 184 200 ext. 88388


19 de abr. de 2011

Obradoiro formativo "Introdución ao voluntariado e á cooperación ao desenvolvemento"

O obradoiro Introdución ao voluntariado e á cooperación ao desenvolvemento pretende, dun xeito dinámico e construtivo, axudarlles a aquelas persoas con interese no voluntariado, a solidariedade e a cooperación ao desenvolvemento a descubriren que significan realmente estas palabras. 
Dirixido a todas aquelas persoas que teñan cumpridos os 18 anos con ganas de reflexionaren sobre unha actitude 100% recomendable: a do compromiso.
Cando e onde?: venres, 6 de maio, das 16:00 ás 20:00 h e sábado, 7 de maio, das 10:00 ás 14:00 h; no local Espazo Solidario (Paseo das Pontes, s/n, 15004, A Coruña)
Inscrición: realizarase a través da páxina web do Centro Municipal de Información Xuvenil, nun formulario en liña. O número de prazas é limitado e a inscrición farase por rigorosa orde de envío.
Prazo de inscrición: Do 20 de abril ao 4 de maio (ambos incluídos)
Consulta aquí o programa
Se precisas máis información podes acudir ao Espazo Solidario, contactar connosco no 981 184 200 ext. 88388 ou a través do enderezo electrónico espazosolidario@yahoo.es.

Organiza: Área de Solidariedade da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña

Informais. Afeitos aos Estados de feito


Xa chegou a Espazo Solidario a exposición "Informais. Afeitos aos Estados de feito"
Onde? Espazo Solidario (Paseo das Pontes s/n, 15004, A Coruña)
Cando? Do 18 ao 29 de abril, das 11:00 ás 14.00 h e das 17:00 ás 20:00 h.

18 de abr. de 2011

Conferencia de José Abu-Tarbush

Deixámosvos algunhas imaxes da conferencia de José Abu- Tarbush o pasado 15 de abril no Espazo Solidario...e lembráde que o día 5 de maio ás 20:00h no Espazo Solidario, teremos connosco a Javier Ching-Shan Hou, representante da Oficina Económica e Cultural de Taipei no Estado Español, sobre a realidade deste país no ano en que se cumpre cen anos do derrube da derradeira dinastía imperial e o nacemento da primeira República de China.


Informais. Afeitos aos Estados de feito.

O pasado 15 de abril, coincidindo ca conferencia ofrecida por José Abú Tarbush sobre o conflito que vive Palestina, chegou a Espazo Solidario a exposición "Informais. Afeitos aos Estados de feito", unha mostra que nos fala dos  Estados de feito: novas formas de vida internacional que reciben apoio popular e que acadaron a capacidade suficiente para proporcionar servizos gobernamentais a unha poboación determinada nun área territorial concreta, sobre a que manteñen un control efectivo por un período de tempo prolongado. Estas novas formas de vida  non forman parte de Nacións Unidas, pero son recoñecidas diplomaticamente por algúns países. Moitos deles están integrados en UNPO (Unrepresented Nations and People Organization http://www.unpo.org/

Poderedes visitala no  Espazo Solidario (Paseo das Pontes s/n, 15004, A Coruña)
Cando? Do 18 ao 29 de abril, das 11:00 ás 14.00 h e das 17:00 ás 20:00h.
Organiza: Área de Solidariedade da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña.

7 de abr. de 2011

Afeitos aos Estados de Feito

O venres, 15 de abril, ás 20 h, no Espazo Solidario (paseo das Pontes, s/n), conferencia de José Abu-Tarbush, profesor titular de Socioloxía do Desenvolvemento e das Relacións Internacionais da Universidade da Laguna (Tenerife), sobre a situación de conflito que vive Palestina, enmarcándoo nos procesos de cambio abertos nos países arabo-africanos e en Oriente Medio.
O xoves, 5 de maio, ás 20 h, no Espazo Solidario , conferencia de Javier Ching-Shan Hou, representante da Oficina Económica e Cultural de Taipei no Estado Español, sobre a realidade deste país no ano en que se cumpre cen anos do derrube da derradeira dinastía imperial e o nacemento da primeira República de China.
Estas conferencias están organizadas polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e a Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e encádranse  dentro da exposición Informais. Afeitos aos Estados de feito, que acollerá próximamente o Espazo Solidario e que trata sobre países que reciben apoio popular e que acadaron unha capacidade suficiente para proporcionar servizos gobernamentais a unha populación determinada nunha área territorial concreta, mais que non forman parte de Nacións Unidas, aínda que si son recoñecidos por algúns países.

Gostaríanos contar coa vosa presenza!